viernes, 26 de diciembre de 2014

PARTICIPACIÓN EN EL PROGRAMA DE NAVIDAD LUAR - Lonxe da estampa que todos temos dunhas festas frías e brancas, os espectadores de “Luar” vivirán esta noite un Nadal moi caloroso, xa que o espazo da TVG contará coa presenza de convidados procedentes doutras latitudes onde celebran estas datas en pleno verán. Mexicanos, dominicanos, brasileiros, venezolanos, panameños, peruanos, chilenos, arxentinos, cubanos e urugaios explicarán como se vive o Nadal nos seus países e sorprenderán con interpretacións de panxoliñas a ritmo de samba, cumbia ou merengue, entre outros ritmos latinos. Esta vistosa e colorida edición de “Luar”, presentada, coma sempre, por Xosé Ramón Gayoso e Lucía Regueiro, contará tamén coa presenza doutros artistas que ofrecerán as súas versións persoais dos cantos propios destas datas, entre os que se encontran o cantante Raúl, o grupo de rock Astarot e as coñecidas artistas galegas Lucía Pérez e Pili Pampín. Xosé Manuel Piñeiro, Manolito el Pescador, Tania Fuegho, Manuel de Andrade, Mariana Pérez, a orquestra Palladium, a agrupación Cantigas e Froles, a Banda de Música de Calo e a Orquestra Infantil de Nadal contribuirán tamén a que este venres o “Luar” teña un inconfundible e entrañable aroma de Nadal.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/nadal-caloroso